martes, 5 de diciembre de 2017

A GALERÍA JOSÉ LORENZO - LA MARINA ABRE UNHA EXPOSICIÓN DO ESCULTOR COMPOSTELÁN CAMILO OTERO




A obra do escultor compostelán Camilo Otero abre a nova exposición individual na galería de arte José Lorenzo - La Marina. A mostra xa se pode visitar e estará aberta ao público ata o próximo 5 de xaneiro. En total, exhíbense 9 obras en bronce. A galería tratou de facer fincapé nas constantes temáticas do artista: fragmentos anatómicos illados, maternidades, figuras fantásticas e animais que encerran un complexo discurso de índole política e social.

A súa obra é, formalmente, de ascendencia cubista, combinada co vigor do expresionismo e nela cabe destacar o fino acabado en bronce, sen comparación que lle poida facer fronte en toda a escultura galega. Esta mostra trata de expresar que o artista compostelán xorde como xenio superador da forza excesiva da tradición galega. É dicir, as posicións estéticas de cambio que introducira sesgadamente Xoán Piñeiro, consolídanse, a partir dos anos 60, grazas á obra de Camilo Otero.